Programa 𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐭𝐮𝐝𝐞 𝐌𝐞𝐧𝐭𝐨𝐫𝐢𝐧𝐠

𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐭𝐮𝐝𝐞 𝐌𝐞𝐧𝐭𝐨𝐫𝐢𝐧𝐠 é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas con estudios universitarios ou de FP superior e inscritas no 𝐒𝐢𝐬𝐭𝐞𝐦𝐚 𝐍𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐫𝐚𝐧𝐭í𝐚 𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐢𝐥

Requisitos de participación:

✅Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.
✅Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.
✅Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.

Accións a desenvolver:

✅𝐓𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 𝐜𝐨𝐧 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐫𝐚𝐬: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora. Cada participante terá, polo menos, 4 reunións co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática.
✅𝐀𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚𝐬: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.
✅𝐀𝐬𝐢𝐬𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐚 𝐞𝐯𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐞 𝐯𝐢𝐬𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐚 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚𝐬 destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).
✅𝐒𝐞𝐠𝐮𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞 𝐚𝐬𝐞𝐬𝐨𝐫𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 continuado por parte do equipo especializado do programa.

ℹ️ https://bit.ly/3a6htVE