Ribadeo SUMA Empresas e Emprendemento

Dende a Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo seguimos co programa Ribadeo SUMA, nesta ocasión poñemos en marcha un programa de FORMACIÓN E ASESORÍAS INDIVIDUALIZADAS dirixido tanto ás empresas ou profesionais como ás persoas que desexen iniciar un negocio en Ribadeo que queiran formarse neste ámbito.

As píldoras formativas que compoñen o programa son:

  • DARLLE UNHA VOLTA AO MEU NEGOCIO
  • POÑER O TEU NEGOCIO EN PÉ
  • HABILIDADES BÁSICAS PARA A XESTIÓN ADMINISTRATIVA E FINANCEIRA

Se desexas participar nestas actividades formativas podes inscribirte na dirección: adl@ribadeo.org ou ben chamando ao teléfono: 982 128 650.

Lembrámosche que as prazas dispoñibles asignaranse por orde de presentación.

Formulario de inscrición: https://bit.ly/37ANtA8