Qué é o portal de emprego?

É un servizo xestionado pola Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo, dirixido a establecer unha comunicación dinámica e eficaz entre as persoas que están buscando emprego e as empresas que necesitan incorporar persoal.

Qué podo facer no portal de emprego?

Se es unha persoa demandante de emprego poderás ver as ofertas de emprego publicadas polas empresas rexistradas no Portal de Emprego, e enviar a túa candidatura a aquelas que resulten do teu interese.

Poderás inscribirte a todas as ofertas de emprego que desexes, incluíndo un Currículo adaptado para cada oferta. Na túa conta poderás almacenar estes Currículos e utilizalos de novo para inscribirte a outras ofertas, modificalos ou eliminalos.

Periodicamente recibirás no teu correo electrónico as últimas ofertas de emprego publicadas no portal, así como as novas máis relevantes en materia de emprego e formación.

Se es unha empresa poderás publicar as ofertas de emprego que necesites,  recibirás no teu email os CVs das persoas  interesadas en inscribirse na túa oferta, e poderás poñerte en contacto con elas
para realizar o proceso selectivo.

 

 
 
 
 
Date de alta para acceder a tódalas
ofertas de emprego dispoñibles.
Date de alta como empresa
para publicar ofertas de emprego.