Persoa para atención ao público en pastelería/café

  • Ribadeo
  • Esta posición cubriuse

Web Pan de Limón

Obradoiro de doces artesáns con zona de café

Tarefas a realizar xunto co resto do equipo:

– Atención ao público (café, despacho doces e outros produtos de alimentación): preparar e servir bebidas e doces. Asesorar, se é preciso, sobre o resto de produtos á venda. Cobro.
Colocación e organización do produto para a súa comercialización.

– Limpeza e mantemento das instalacións:

Diaria: limpeza da zona de atención ao público (mesas, cadeiras, andeis, chans), aseo, zona de produción de café (cafeteira, mobiliario, expositores etc.)

Puntual: colaboración na limpeza doutras zonas a maiores das mencionadas no punto anterior (obradoiro, portas, ventás, zonas de almacenamento etc.) en momentos puntuais.

– Posibilidade de participación, se houber interese, en tarefas do obradoiro (produción de doces)

Valoramos positivamente a experiencia previa no sector e a capacidade de comunicarse noutras linguas ademais das oficiais (especialmente o inglés), mais ningún dos dous factores son imprescindibles.

Ofrecémosche formar parte dun proxecto a longo prazo, sen xerarquías e con posibilidade de formación e participación en tarefas de obradoiro (produción de doces).