
Web Pan de Limón
Obradoiro de doces artesáns con zona de café
Somos un obradoiro de doces 100% artesáns que conta tamén cunha zona de degustación/café.
Para facer fronte á crecente demanda nos meses de verán, estamos a buscar a unha persoa que se
incorpore ao equipo como axudante de obradoiro e que realice as seguintes funcións:
• Lavado e procesado de froita fresca
• Colaboración no preparado de determinadas elaboracións. Ou mesmo elaboración en solitario se a
persoa conta coa experiencia suficiente
• Almacenamento de produto elaborado
• Lavado e limpeza de utensilios e maquinaria
• Mantemento da orde e limpeza das instalacións de traballo
É importante que a persoa saiba ou estea disposta a aprender a traballar de forma limpa e ordenada.
Experiencia previa: valorarase positivamente, mais non é necesaria.
Xornada: media xornada. 20horas/semana repartidas de martes a sábado.
Tipo de contrato: contémplase un contrato temporal de 90 días con posibilidade de tornalo en indefinido
ao final de dito periodo se ambas partes así o acordan.